O Páramo abre o prazo de inscrición para as clases de ximnasia de mantemento e pilates

O Concello do Páramo abre o prazo de inscrición para as clases dirixidas a persoas maiores, que incluirán sesións de ximnasia de mantemento e pilates. As actividades están pensadas para favorecer a práctica de exercicio físico e o mantemento dunha vida activa.
As clases de ximnasia de mantemento celebraranse os martes, de 21:00 a 22:00 horas, mentres que as sesións de pilates terán lugar os xoves, no mesmo horario.
As persoas empadroadas no Concello do Páramo terán preferencia á hora de acceder ás actividades. O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o 9 de outubro.