Paradela homenaxea a Sara López polos seus 100 anos de vida

Sara López Díaz, veciña de Feás, en Paradela, celebrou o seu centenario, unha data especial que o Concello quixo conmemorar cunha homenaxe á súa traxectoria vital.
A alcaldesa, Montse Mulet, achegouse ata a súa casa para felicitala persoalmente e facerlle entrega, en representación da institución municipal, de varios agasallos: o pin do Concello, un doce, unha placa conmemorativa e un ramo de rosas.
Con este xesto, o Concello de Paradela quixo trasladarlle os seus parabéns por cumprir 100 anos e desexarlle saúde, felicidade e agarimo, acompañada dos seus seres queridos.