A CIG convoca unha asemblea aberta en Sarria para explicar a folga xeral do 11 de novembro

A Confederación Intersindical Galega (CIG) celebrará o vindeiro martes 27 de outubro unha asemblea aberta en Sarria para informar sobre os motivos e as demandas da folga xeral convocada para o 11 de novembro.
A reunión terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura e abordará as principais reivindicacións da convocatoria, entre as que figuran a defensa duns salarios dignos, o acceso á vivenda, a estabilidade laboral e uns servizos públicos de calidade, nun contexto marcado polo encarecemento do custo da vida.
Desde o BNG de Sarria animan a veciñanza a participar neste encontro para coñecer directamente os argumentos que sustentan a folga e as propostas que defende a organización sindical.