Triacastela acollerá unha conferencia sobre a evolución do mito medieval do Camiño de Santiago

Triacastela acollerá o xoves 12 de novembro, ás 18:00 horas, a conferencia 'O Camiño de Santiago: a reinvención dun mito medieval ao longo dos séculos', que será impartida por Manuel Gago Mariño, doutor en Ciencias da Información e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A actividade desenvolverase no Centro Sociocultural Fonte do Lunar e enmárcase no programa 'Arte, historia e memoria medieval do Camiño de Santiago Francés'.
A iniciativa conta coa participación da Xunta de Galicia, dentro da programación do Xacobeo 2027, e da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, coa colaboración do Concello de Triacastela.