Sarria pechará as pistas de tenis e fútbol sala por obras de reforma

SarriaXa
As instalacións deportivas permanecerán pechadas desde o luns 26 de outubro ata que rematen os traballos de renovación
pistas-do-Chanto-Sarria
24 Oct 2026

O Concello de Sarria pechará temporalmente as pistas de tenis e a pista de fútbol sala a partir do luns 26 de outubro, coincidindo co inicio das obras de reforma destas instalacións deportivas.

O obxectivo dos traballos é renovar os espazos para mellorar as condicións de uso e ofrecer aos usuarios máis calidade, comodidade e seguridade á hora de practicar deporte.

O peche manterase durante o tempo que duren as obras. O Concello informará da reapertura das instalacións a través das súas redes sociais.

0.14350700378418