A Charanga Madialeva reuniu de novo os seus integrantes en Sarria para celebrar os seus 20 anos

SarriaXa
A formación, que desenvolveu a súa actividade musical e cultural na vila entre 2006 e 2016, xuntou no Malecón decenas de persoas que lembraron o seu paso polas festas e rúas sarriás
Charanga-Madialeva-Sarria-reencontro
9 Nov 2026

A Charanga Madialeva volveu soar en Sarria dez anos despois da súa última etapa de actividade para conmemorar os que serían os seus 20 anos de historia.

A formación, que viviu o seu esplendor musical e cultural na vila entre 2006 e 2016, reuniu no Malecón decenas de persoas, entre elas numerosos admiradores do labor que estes músicos desenvolveron durante unha década enchendo de música as rúas e celebracións da localidade.

Manuel Montero, un dos promotores da agrupación, destacou a emoción do reencontro e a boa acollida por parte do público. "A xente bota de menos a Charanga Madialeva. Foi moi bonito volver ver a xente que nos seguía en todas as festas. Foi como volver 20 anos atrás no tempo", sinalou.

Tras esta celebración, os integrantes están a valorar a posibilidade de converter o encontro nunha cita anual cada primeiro sábado de novembro. En todo caso, teñen claro que volverán reunirse para celebrar o seu 25 aniversario, coincidindo coas súas vodas de prata.

0.15480494499207