A Pobra de San Xiao celebrará o seu magosto popular cun menú de produtos tradicionais

O Concello de Láncara prepara unha nova edición do seu magosto popular, que terá lugar o domingo 15 de novembro na Pobra de San Xiao. A xornada gastronómica desenvolverase no polifuncional do campo da feira a partir das 14:00 horas e incluirá unha degustación de empanada, iscos, chourizos e castañas.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do 12 de novembro. Terán preferencia as persoas empadroadas no municipio, segundo as condicións establecidas pola organización.
A actividade conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais e busca ofrecer un espazo de encontro para a veciñanza arredor da gastronomía e das tradicións populares.