Sarria celebrará a XX Festa dos Maiores o 14 de novembro

SarriaXa
A xornada terá lugar no pavillón dos institutos e incluirá aperitivo, actuacións musicais, xantar, baile e sorteo
Festa-dos-maiores-de-Sarria-2025
29 Oct 2026

O Concello de Sarria organizará o sábado 14 de novembro a vixésima edición da Festa dos Maiores, unha cita dedicada á convivencia e ao recoñecemento das persoas maiores do municipio. A celebración desenvolverase no pavillón dos institutos e contará con actividades ao longo de toda a xornada, desde o aperitivo inicial ata o baile da tarde.

O programa comezará ás 12:30 horas coa benvida e un aperitivo, seguido, ás 13:00 horas, da actuación de Peleriños. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar e, pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase unha homenaxe ás parellas asistentes que cumpriron as súas vodas de ouro durante 2026. A festa continuará ás 17:30 horas cun baile amenizado por Selene Casal, coñecida pola súa participación no programa 'Luar'.

A celebración incluirá tamén o sorteo de tres bonos regalo para dúas persoas, que permitirán gozar dunha fin de semana nun balneario da provincia de Lugo. O prezo será de 10 euros por persoa e de 25 euros por acompañante. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 6 de novembro.

0.16846013069153