Huellas de Sarria celebrará o seu décimo aniversario cunha xornada especial o 15 de novembro

SarriaXa
A Sociedade Cultural La Unión acollerá, de 11:00 a 15:00 horas, unha programación con contacontos de Estefanía Padullés, música en directo de Nico Mao e María Oxeito, exposición, tenda solidaria e petisco
edificio-Sociedade-La-Unión-Sarria
8 Nov 2026

A Asociación Protectora de Animais Huellas de Sarria celebrará o vindeiro 15 de novembro o seu décimo aniversario cunha xornada especial aberta á participación da veciñanza. O encontro terá lugar na Sociedade Cultural La Unión, entre as 11:00 e as 15:00 horas, cun programa de actividades pensado para conmemorar estes dez anos de traballo en defensa e protección dos animais.

A celebración contará cun contacontos a cargo de Estefanía Padullés e cunha actuación musical de Nico Mao e María Oxeito. Ademais, as persoas asistentes poderán visitar unha exposición, achegarse á tenda solidaria da asociación e participar nun petisco.

Baixo o lema 'Deixando pegada', Huellas de Sarria conmemora así unha década de actividade, durante a que desenvolveu o seu labor de protección animal e sensibilización na comarca. A entidade convida á cidadanía a sumarse á celebración e compartir esta data especial.

0.12672996520996