A Sociedade Cultural La Unión estrea un club de lectura para compartir libros e opinións

SarriaXa
A actividade celebrarase os primeiros e terceiros mércores de cada mes, ás 17:00 horas, e estará aberta ás persoas interesadas en descubrir historias e intercambiar impresións literarias
edificio-Sociedade-La-Unión-Sarria
28 Oct 2026

A Sociedade Cultural La Unión pon en marcha un novo club de lectura co que pretende crear un espazo de encontro arredor dos libros, no que os participantes poidan descubrir novas historias, compartir recomendacións e debater sobre as súas impresións.

As sesións desenvolveranse os primeiros e terceiros mércores de cada mes, ás 17:00 horas, nas instalacións da propia entidade. A proposta está dirixida a persoas afeccionadas á lectura que queiran compartir esta afección con outros participantes, nun ambiente aberto ao intercambio de ideas e opinións.

Desde a sociedade animan a sumarse á iniciativa tanto ás persoas que xa forman parte da entidade como a aquelas que desexen achegarse ás súas actividades culturais.

Ademais, a organización lembra que é posible facerse socio por unha cota de 15 euros ao mes, que permite participar nas diferentes propostas impulsadas pola Sociedade Cultural La Unión.

0.12753796577454