O Páramo estrea un club de lectura con encontros quincenais na biblioteca municipal

A biblioteca da Casa do Concello do Páramo porá en marcha este outono un club de lectura aberto á veciñanza e ás persoas dos arredores que queiran compartir o interese polos libros. A iniciativa busca consolidar este espazo literario e fomentar a lectura colectiva a través de encontros periódicos.
As reunións comezarán o venres 13 de novembro e celebraranse cada quince días, os venres ás 20.30 horas. A participación será gratuíta e estará aberta a todas as persoas interesadas en descubrir novas lecturas e intercambiar impresións arredor delas.
O Concello anima a veciñanza a sumarse a esta proposta cultural, coa que pretende ampliar as actividades da biblioteca e converter a lectura nunha experiencia compartida.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 10 de novembro.