Paradela realizará unha recollida de plásticos agrícolas os días 18 e 19 de novembro

SarriaXa
O servizo estará operativo de 9:00 a 14:00 horas na explanada do Mercado Gandeiro e incluirá plásticos de silo e de invernadoiros
plasticos-agricolas
17 Nov 2026

O Concello de Paradela organizará os días 18 e 19 de novembro unha campaña de recollida de plásticos agrícolas, destinada a facilitar a retirada dos materiais utilizados en silos e invernadoiros.

A recollida desenvolverase na explanada do Mercado Gandeiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para poder entregalos, os plásticos deberán estar atados en fardos e libres de restos de terra, herba ou outros materiais.

O Concello advirte de que non se recollerán rodas nin garrafas. As persoas interesadas poden obter máis información a través do teléfono 982 541 101.

0.14629721641541