A Deputación licita por case 300.000 euros a mellora da estrada entre Pacios e Trebolle, en Paradela

SarriaXa
As obras na LU-P-4203 abranguerán os primeiros catro quilómetros da vía e terán un prazo de execución de catro meses
mellora-en-camiños-municipais-Concello-de-Paradela
31 Oct 2026

A Xunta de Goberno da Deputación licitou actuacións por máis de medio millón de euros, entre as que se inclúe a mellora da estrada LU-P-4203, no concello de Paradela. O proxecto céntrase no tramo que conecta Pacios e Trebolle, na parroquia de Vilarmosteiro, e conta cun orzamento próximo aos 300.000 euros.

Os traballos permitirán renovar o firme dos primeiros catro quilómetros da vía, ademais de limpar e recuperar as cunetas para mellorar as condicións da estrada. A intervención tamén contempla a renovación da sinalización horizontal.

O prazo previsto para executar as obras é de catro meses.

0.14435291290283