‘Mudanza’, baseada nunha obra da paradelense Sonia Arias, suma un novo recoñecemento en San Sebastián

GaliciaXa | SarriaXa
A curtametraxe, rodada en escenarios de Sarria e Paradela, foi seleccionada no Kursaal Film Festival, onde opta ao premio do público e do xurado ao mellor traballo
grabacion-curtametraxe-Mudanza-Sonia-Arias
19 Aug 2026

A curtametraxe 'Mudanza', baseada no libro 'Manchas de frío' da paradelense Sonia Arias, foi seleccionada nA curtametraxe Mudanza, baseada no libro Manchas de frío da escritora paradelense Sonia Arias, continúa abríndose camiño no panorama cinematográfico internacional. O filme vén de ser seleccionado na sétima edición do Kursaal Film Festival de San Sebastián, onde optará ao premio do público e do xurado ao mellor cortometraxe.

A presenza no certame donostiarra súmase a outros recoñecementos acadados pola produción ao longo deste ano. Xa no mes de maio, Mudanza fora seleccionada no ICJ International Film Award 2026 de Ucraína, unha distinción que supuxo un dos primeiros pasos da obra no circuíto internacional de festivais.

O percorrido da curtametraxe cobra unha especial relevancia pola súa vinculación coa provincia de Lugo. A historia parte da obra literaria de Sonia Arias e levou tamén á pantalla escenarios de Sarria e Paradela, localidades que serviron de localización para a gravación. A selección en diferentes certames contribúe así a proxectar fóra de Galicia tanto o traballo creativo que está detrás do filme como os lugares nos que foi rodado.

Luisje Moyano asume a dirección da curtametraxe e a responsabilidade de trasladar á linguaxe audiovisual o relato de Arias. O reparto está encabezado por Saamira Ganay e Deborah Gil, mentres que Fortune Films Productions se encargou da produción.

O proxecto contou, ademais, coa colaboración de Fernando Pazín, de City Blue Films. O traballo desenvolvido polo conxunto do equipo permitiu converter unha historia de raíz galega e carácter íntimo nunha proposta audiovisual que continúa gañando presenza en festivais e ampliando o seu percorrido máis alá das fronteiras galegas. ICJ International Film Award 2026 de Ucraína, un recoñecemento internacional que supón un importante impulso para esta produción audiovisual vinculada a Sarria e Paradela.

Ver como unha historia tan íntima consegue cruzar fronteiras e acadar este tipo de recoñecementos converteuse nunha das maiores satisfaccións deste oficio, destacando ademais a proxección internacional dunha obra nacida en Galicia.

Este logro é tamén o resultado do talento e da implicación dun equipo que conseguiu situar Sarria e Paradela no mapa como escenarios da gravación do filme. A dirección correu a cargo de Luisje Moyano, responsable da visión artística da curtametraxe.

No reparto destacan as interpretacións de Saamira Ganay e Deborah Gil, mentres que a produción estivo liderada por Fortune Films Productions.

Tamén quixeron agradecer o labor desenvolvido por Fernando Pazín, de City Blue Films, pola súa colaboración no proxecto.

0.13165092468262