“Mudanza”, inspirado no relato de Sonia Arias, logra recoñecemento internacional en Ucraína

GaliciaXa | SarriaXa
A curtametraxe rodada en Sarria e Paradela foi seleccionada no ICJ International Film Award 2026 grazas ao traballo dun equipo encabezado por Luisje Moyano e Fortune Films Productions
Mudanza-Sonia Arias festival de cine Vigo
15 May 2026

A curtametraxe 'Mudanza', baseada no libro 'Manchas de frío' da paradelense Sonia Arias, foi seleccionada no ICJ International Film Award 2026 de Ucraína, un recoñecemento internacional que supón un importante impulso para esta produción audiovisual vinculada a Sarria e Paradela.

Ver como unha historia tan íntima consegue cruzar fronteiras e acadar este tipo de recoñecementos converteuse nunha das maiores satisfaccións deste oficio, destacando ademais a proxección internacional dunha obra nacida en Galicia.

Este logro é tamén o resultado do talento e da implicación dun equipo que conseguiu situar Sarria e Paradela no mapa como escenarios da gravación do filme. A dirección correu a cargo de Luisje Moyano, responsable da visión artística da curtametraxe.

No reparto destacan as interpretacións de Saamira Ganay e Deborah Gil, mentres que a produción estivo liderada por Fortune Films Productions.

Tamén quixeron agradecer o labor desenvolvido por Fernando Pazín, de City Blue Films, pola súa colaboración no proxecto.

0.13240194320679