Castro de Rei de Lemos prepara tres días de festas na honra da Virxe do Rosario

A parroquia de Castro de Rei de Lemos, en Paradela, celebrará os días 2, 3 e 4 de outubro as súas festas na honra da Virxe do Rosario, cunha programación que combinará música, tradición e actividades ao longo de tres xornadas.
As celebracións comezarán o venres 2 de outubro coa actuación do Mago Lago. A continuación, terá lugar unha verbena amenizada pola orquestra Trópis, á que se sumará a actuación especial do DJ Kike Varela.
O sábado 3 de outubro comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra M-3 Show. Pola noite, a mesma formación será a encargada de poñer música á verbena, que contará tamén co concerto de Ortiga. Ás 00:00 horas terá lugar unha gran sesión de fogos de artificio.
As festas rematarán o domingo 4 de outubro coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra Acordes. Pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Acordes e Olympus, poñendo o punto final a tres días de celebracións en Paradela.