Feasita, en Paradela, celebra tres días de festa na honra a San Roque

SarriaXa
A programación desenvolverase do 21 ao 23 de agosto e contará co Dúo La Vissión, a orquestra Salsarena e o Dúo The Voice, ademais dunha churrascada veciñal e actos relixiosos
festas-fogos-artificio-patronais
10 Aug 2026

Feasita, no concello de Paradela, prepárase para celebrar as súas tradicionais Festas de San Roque cun programa que se prolongará durante tres xornadas, do venres 21 ao domingo 23 de agosto. Música, gastronomía e celebracións relixiosas conformarán unha proposta pensada para reunir á veciñanza e ás persoas que se acheguen ata a localidade.

O inicio das festas estará marcado pola convivencia arredor da mesa. O venres 21, entre as 21.30 e as 22.00 horas, celebrarase unha churrascada veciñal que dará paso á primeira noite de verbena, coa actuación do Dúo La Vissión.

A programación continuará o sábado 22 ás 12.00 horas coa celebración dunha misa na capela. Ao remate, a orquestra Salsarena será a encargada de poñer música á sesión vermú. A mesma formación regresará pola noite ao escenario para protagonizar, a partir das 22.30 horas, a verbena da segunda xornada festiva.

O domingo 23 porá o broche á celebración. A actividade comezará ás 13.00 horas cunha nova misa, seguida dunha sesión vermú amenizada polo Dúo The Voice.

As festas tamén reservarán un espazo para o público infantil, que poderá gozar dun castelo inchable de maneira gratuíta.

Ademais, a organización realiza un chamamento para evitar o lanzamento de bombas e outro tipo de pirotecnia polo risco de incendios e polo medo que provocan nos animais, facendo referencia tamén ao can de San Roque. Deste xeito, Feasita volverá celebrar unha das súas citas tradicionais cun programa centrado na convivencia, na música e no encontro entre veciños.

PROGRAMACIÓN

0.13414001464844