Paradela mellora os accesos a Riocabo, Randulfe e A Condomiña

SarriaXa
As actuacións, financiadas a través do Plan Deputación 2025, supoñen un investimento de 193.147 euros para renovar infraestruturas nas tres localidades
melloras-concello-de-paradela
24 Aug 2026

O Concello de Paradela vén de completar distintas actuacións de mellora nos accesos aos núcleos de Riocabo, Randulfe e A Condomiña, cun investimento total de 193.147,40 euros. As obras están financiadas no marco do Plan Deputación 2025, cunha achega provincial de 150.071,85 euros e unha aportación municipal de 43.075,55 euros.

Os traballos permiten mellorar o estado das infraestruturas viarias e facilitar o acceso a estes núcleos, atendendo ás necesidades trasladadas pola veciñanza e contribuíndo a mellorar as condicións de mobilidade no rural de Paradela.

A actuación forma parte das intervencións que o Concello está a desenvolver nas distintas parroquias co obxectivo de distribuír os investimentos polo territorio e dar resposta ás necesidades existentes en cada zona.

Desde o Goberno local destacan que a planificación dos recursos permite priorizar aquelas actuacións consideradas máis necesarias para a veciñanza e continuar coa mellora progresiva das infraestruturas municipais.

O Concello de Paradela sinala así o compromiso de seguir destinando investimentos ás diferentes parroquias para mellorar os servizos e as condicións de vida da poboación, especialmente no ámbito rural.

0.11516785621643