Paradela habilita dúas xornadas para a recollida de plásticos agrícolas os días 18 e 19 de novembro

O Concello de Paradela porá en marcha os días 18 e 19 de novembro unha campaña de recollida de plásticos agrícolas para facilitar que os gandeiros poidan desfacerse dos materiais sobrantes ou xa utilizados nas súas explotacións.
A recollida realizarase na explanada do mercado gandeiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e contará con persoal encargado de controlar as descargas. Unicamente se admitirán plásticos de silo e invernadoiro, que deberán entregarse atados en fardos e sen restos de terra, herba nin outros materiais.
O Concello lembra que non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico. Así mesmo, unha vez rematadas estas dúas xornadas, non se permitirán novas descargas ata que o Concello anuncie outra convocatoria.