Paradela celebra este venres un magosto para persoas maiores de 65 anos

SarriaXa
A actividade, organizada por Cruz Vermella a través do programa "Redes que coidan", terá lugar a partir das 16:30 horas no Campo da Feira e busca fomentar a convivencia e fortalecer os vínculos entre a veciñanza
castañas-magosto-recurso
20 Nov 2026

Paradela acollerá este venres, 20 de novembro, unha celebración do magosto dirixida ás persoas maiores de 65 anos. A iniciativa está organizada por Cruz Vermella Española en Lugo, a través do programa "Redes que coidan", e propón unha tarde de encontro arredor das castañas para recuperar e compartir unha das tradicións propias destas datas.

A actividade desenvolverase a partir das 16:30 horas no Campo da Feira de Paradela e pretende ofrecer un espazo de convivencia no que as persoas participantes poidan compartir momentos, estreitar relacións e fortalecer os vínculos comunitarios.

Desde a organización destacan a importancia de promover este tipo de encontros para seguir construíndo unha comunidade que coida e favorece a participación e o acompañamento das persoas maiores.

0.1488049030304