Paradela acollerá unha reunión informativa sobre o illamento térmico de vivendas e comunidades

Paradela acollerá este luns 16 de novembro unha reunión informativa sobre o illamento térmico de bufardas e faiados en vivendas unifamiliares e comunidades de propietarios. A sesión terá lugar ás 16:30 horas no Centro Sociocultural de Paradela.
O encontro servirá para dar a coñecer as actuacións relacionadas coa mellora do illamento térmico das vivendas e o seu encaixe no sistema oficial de Certificados de Aforro Enerxético (CAE), regulado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
A convocatoria está dirixida tanto a propietarios de vivendas unifamiliares como a comunidades de propietarios interesadas en coñecer as posibilidades de mellora da eficiencia enerxética dos seus edificios.