Castro de Rei de Lemos celebrará o seu Magosto 2026 cunha pancetada, castañas, viño novo e baile

Castro de Rei de Lemos celebrará o vindeiro venres 30 de outubro o seu Magosto 2026 cunha noite gastronómica e festiva na que non faltarán a pancetada, a churrascada, as castañas e o viño novo.
A celebración comezará ás 21:30 horas e ofrecerá aos asistentes a oportunidade de gozar dunha xuntanza arredor da gastronomía tradicional e do ambiente festivo propio destas datas.
A festa continuará a partir das 23:30 horas cunha sesión de baile amenizada polo Dúo Eclipse, que porá música á noite.
En canto aos prezos, a participación terá un custo de 10 euros para os socios e 20 euros para os non socios.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 28 de outubro. Para formalizar a inscrición, poden contactar cos seguintes teléfonos: Toño (676 498 280), Julia (676 912 680), Pacita (691 026 529) e Barreiras (676 878 903).