A SD Paradela celebrará a Festa do Socio o 7 de novembro

A SD Paradela xa prepara a súa Festa do Socio, que terá lugar o sábado 7 de novembro no mercado gandeiro. A celebración reunirá socios e veciñanza arredor dunha xornada gastronómica e festiva con actividades para diferentes públicos.
O programa comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú, mentres que a comida está prevista para as 15:00 horas. O menú estará composto por callos, tenreira e sobremesa.
A festa contará tamén cunha actuación musical, inchables para os máis pequenos e sesión de DJ, co obxectivo de prolongar o ambiente festivo durante a xornada.
As persoas interesadas en asistir poden reservar praza a través dos seguintes teléfonos: Adrián (662 258 443), Miguel (648 458 101), Javito (685 442 612), David (628 387 095), Rubén (660 809 517) e Carlos (617 564 223).