O alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela recibirá exemplares do último libro de Estefanía Padullés

SarriaXa
O Concello agasallará ao alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel con exemplares de "Cambia o mundo... cambias ti", a última obra da escritora afincada no municipio, nun acto previsto para o 21 de outubro
Estefanía-Padullés-libro-Cambia-o-mundo
10 Oct 2026

O alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela recibirá exemplares do último libro de Estefanía Padullés, unha obra que aborda a importancia de aceptar os cambios como parte do crecemento persoal. A iniciativa, promovida polo Concello, busca achegar aos nenos e nenas unha lectura adaptada á súa idade que contribúa ao seu desenvolvemento emocional.

A entrega celebrarase o mércores 21 de outubro, ás 10:30 horas, coa presenza da alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet Sar, que acompañará á autora durante o encontro co alumnado.

Publicado pola editorial Hércules en galego e castelán, baixo os títulos "Cambia o mundo... cambias ti" e "Cambia el mundo... cambias tú", o libro transmite a idea de que as transformacións forman parte da vida e poden axudar a medrar. A través dunha historia próxima aos lectores máis novos, a obra invita a comprender que as circunstancias cambian, que as persoas evolucionan e que cada nova etapa pode abrir a porta a oportunidades.

Estefanía Padullés, escritora catalá afincada en Paradela, achega así a súa última publicación á comunidade educativa do municipio, nunha proposta que combina a lectura coa aprendizaxe emocional.

0.11513304710388