Paradela abre o prazo de inscrición no Programa de Conciliación para o curso 2026/2027

O Concello de Paradela abre o prazo de inscrición no Programa de Conciliación correspondente ao período escolar 2026/2027, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio.
O programa está destinado a menores escolarizados no CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela e contará con dous servizos. Por unha banda, o Servizo de Madrugadores, que funcionará en horario de 8:00 a 9:30 horas. Por outra, o Servizo de Conciliación nas tardes, dispoñible de 15:30 a 17:30 horas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 7 de setembro. As familias interesadas deberán formalizar a inscrición nas Oficinas Municipais, no Departamento de Servizos Sociais.
Desde o Concello de Paradela anímase ás familias que precisen destes servizos a realizar a inscrición dentro do prazo establecido.