O Muvicla acolleu a reunión de Mónica Freire cos participantes do programa 'Da Escola á Granxa'

RibeiraSacraXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Muvicla acolleu a reunión de Mónica Freire cos vinte e nove participantes do programa "Da Escola á Granxa"
Da Granxa á Escola Muvicla
11 Maio 2023

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, reuniuse con representantes das gandeirías e producións alimentarias que participan no programa 'Da Escola á Granxa' para a posta a punto do programa de visitas escolares desta segunda edición do proxecto, que busca concienciar ás xeracións máis novas da importancia do rural para a produción de alimentos e a conservación do territorio e do patrimonio.

O acto, que se celebrou no Muvicla, en Trasliste, en Láncara, e que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que colaboran activamente na iniciativa e coa presidenta da Fapacel Isabel Calvete; serviu para coordinar as actividades a desenvolver nos vindeiros meses e para reforzar os vínculos entre os propios produtores e produtoras.

En total, "Da Escola á Granxa" reúne 29 proxectos de emprendemento repartidos por toda a provincia, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos da horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar; ou inclusou a elaboración de queixos ou marmelos. Tamén se suma á oferta educativa ADEGA, con obradoiros de agricultura ecolóxico nos centros.

As anpas interesadas en realizar as visitas teñen ata o vindiero luns, 15 de maio, para presentar as solicitudese  a convocatoria está aberta á participacion de centros públicos de educación infantil e primaria de toda a provincia.

Medio Rural da Deputación financia os gastos relacionados coa actividade, con axudas entre os 300 e 900 euros. As visitas poden realizarse ao longo de todo o 2023 e o programa conta nesta edición cun orzamento de 80.000 euros, o dobre que na primeira edición.

Participantes

Mónica Freire deu a benvida ás ganderías e producións que participan por primeira vez no programa, renovando e ampliando a oferta educativa para
escolares de primaria e infantil. Casa Labradela de Xove, Galletas Daveiga de Chantada, Fraga do Coto de Vilalba, Fundación Terreo da Ribeira de Piquín, Gandería Alejandro Salvatierra de A Pontenova, Gandería Quintián do Páramo, Gandería Lois Varela de Palas de Rei, Granxa Aeiroá de Láncara, SAT Lodos e Pérez de A Pastoriza, SAT O Palomar de Láncara e Traloagro de Friol son as novidades deste catálogo.

Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: Airas Moniz de Chantada, Arqueixal de Palas de Rei,  Cooperativa A Carqueixa de Navia de Suarna, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Sen Máis – As Vacas de Ulloa de Palas de Rei, Terras da Mariña – IXP Faba de Lourenzá,  Tropic Gaia de Xove,  Caurelor de Quiroga, A Casa da Fonte de Pantón, Avicava Natur de Guntín, Casa Bértolo de Friol, Champivil, El País del Abeyeiro de Negueira, Granxa da Caldaloba de Cospeito, Granxa Teixeiro e Pistón de Becerreá, Milhulloa de Palas de Rei, Pazo de Vilane de Antas de Ulla ou o propio Muvicla.

Mónica Freire sinalou que “as granxas participantes no programa son o reflexo da potencialidade do rural da provincia de Lugo, expoñentes dunha enorme capacidade de traballo e de modelos sostibles de desenvolvemento rural, que mercen o recoñecemento de toda a sociedade”.

0.13847303390503