220 novos alumnos inscríbense este ano na escola musical de Sarria

SarriaXa
220 novos alumnos inscritos para este ano na escola musical do concello de Sarria que comezará as súas clases a finais de setembro
musica sarria
musica sarria
8 Ago 2022

A escola de música de Sarria pecha as matrículas con todas as prazas cubertas de cara ao próximo curso, que comezará a finais de setembro con doce especialidades diferentes.

Un total de 220 estudantes foron os seleccionados para este curso que comeza en setembro e 49 quedaron en lista de espera.

Varios dos participantes cursarán estudos de distintos instrumentos, de entre tódalas matrículas, cabe resaltar que setenta e catro formalizábanse por primeira vez.

ESPECIALIDADES

Do total de matrículas, 19 son en clases de estimulación musical temperá (dirixida a nenos de 0 a 3 anos de idade), 41 en música e movemento, 39 en piano, 8 en piano complementario, 33 en guitarra e acordeón, 26 en clarinete e saxofón, 18 en frauta, 13 en trompeta, trompa e trombón, 5 en tuba e bombardino, 2 en gaita e 27 na especialidade de percusión. A materia con maior demanda por parte dos alumnos é linguaxe musical, con 128 solicitudes.

A escola, situada na rúa Pedro Saco, foi fundada nos anos 70 para crear canteira para a banda municipal de música.

0.086388826370239