Os participantes do campamento de Sarria participarán na primeira carreira de obstáculos para nenos

SarriaXa
Este venres, 11 de agosto, terá lugar a primeira edición do Pretorian Race Kids, unha carreira de obstáculos para nenos e nenas na que estes deberán superar as dificultades impostas para poder gañar.
pretorian kids sarria
10 Ago 2023

Este venres, 11 de agosto, terá lugar a primeira edición do Pretorian Race Kids, unha carreira de obstáculos para nenos e nenas na que estes deberán superar as dificultades impostas para poder gañar.

Esta iniciativa, enmarcada dentro do campamento de verán 'Aventura no Camiño 2023' do Concello de Sarria, celebrarase entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo de rugbi do Chanto.

Os nenos e nenas participantes, que son os que están a desfrutar das actividades promovidas desde o Concello, enfrontaranse os uns e aos outros pero tamén a si mesmos, mostrando as súas capacidades físicas e mentais.

0.083667039871216