O alcalde de Paradela e o delegado territorial da Xunta en Lugo mantiveron unha reunión de traballo
SarriaXa
O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, mantivo unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, durante o día de onte, martes 12 de decembro na Delegación Territorial de Lugo.
13 Dec 2023

Esta reunión levouse a cabo co fin de tratar diferentes temas de interese municipal, co obxectivo de analizar as principais demandas e necesidades do Concello de Paradela naqueles ámbitos que son de competencia da Administración autonómica.
Esta é outra das diversas reunións que levan mantendo o rexedor de Paradela coa institución responsable de autonomía galega, uns encontros necesarios para saber con que axudas e fondos dispón este pequeno concello da comarca sarriá.