As persoas migrantes de Sarria recibirán unha charla para resolver dúbidas o vindeiro día 19

SarriaXa
Un avogado de Cáritas Interparroquial de Sarria ofrecerá o vindeiro día 19, a partir das 17.
14 Dec 2023

Un avogado de Cáritas Interparroquial de Sarria ofrecerá o vindeiro día 19, a partir das 17.00 horas, unha charla informativa dirixida ás persoas migrantes para tratar de resolver as súas dúbidas e as consultas máis habituais en materia de estranxeiría.

Esta sesión informativa, que terá lugar nas dependencias da Parroquia Nosa Señora do Rosario (Rúa Formigueiros), é gratuíta e encádrase dentro do proxecto de asistencia técnico-xurídica a persoas migrantes 'Contade con nós', que está a desenvolver Cáritas Diocesana de Lugo.

As persoas interesadas en asistir a esta sesión informativa poden recoller a folla de inscrición no Departamento de Sevizos Sociais do Concello ou ben cubrila o mesmo día da charla na sede de Cáritas.

0.17360901832581