Montserrat Mulet xa é alcaldesa de Paradela despois dun acto con moita emoción

Montserrat Mulet Sar foi investida alcaldesa, tomando así posesión do seu posto como nova rexedora do municipio acompañada do antigo e lonxevo alcalde, José Manuel Mato, así como do resto da corporación de Goberno municipal.
A xa alcadesa mostrouse moi emocionada e con "moita ilusión por continuar o proxecto que temos", mentres que Mato agradeceu o "impecable traballo realizado por Matogueira durante todos estes anos", que compaxinará o posto co seu traballo de médica no municipio.
Así, a nova rexedora sostivo que os seus obxectivos son "seguir apostando pola gandería, xa que é o principal motor económico da localidade, e polo medio ambiente e o turismo".