O colectivo Narración Oral Galega ofreceu unha actuación aberta ao público de Sarria
SarriaXa
Sarria acolleu a xuntanza anual de 19 narradores e narradoras orais do colectivo Narración Oral Galega (Noga) de Galicia, que celebraron a súa asamblea e grupos de traballo na Casa da Cultura, onde ofreceron unha actuación aberta ao público.
21 Xan 2024

O obxectivo destas reunións anuais en diferentes puntos de Galicia é descentralizar a actividade e a elección de Sarria foi porque se celebran en verán ciclos de narración oral, o que lles pareceu interesante aos organizadores.
O colectivo, que se puxo en marcha no ano 2022 no marco do Festival Internacional Outono de Teatro en Carballo, ten como finalidade dignificar o seu oficio e o compromiso coa lingua galega.