603.000 euros para a rehabilitación do núcleo de A Balsa

SarriaXa
El núcleo de A Balsa será rehabilitado. Esta localidad de Triacastela también verá mejorada la Capilla de San Antonio.
triacastela a balsa
30 Nov 2021

A Balsa será reacondicionada polo Goberno central que tamén actuará no entorno da capela de San Antonio, situado no Camiño Francés.

O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou as obras de recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional desta localidade de Triacastela.

Estas obras enmárcanse no programa de intervencións de interese cultural no Camiño de Santiago en Concellos de Lugo e A Coruña.

As melloras na capela de San Antonio incluirá un sistema de drenaxe perimetral para impedir que as augas afecten de forma negativa aos muros do edificio de culto, tamén se proxecta a construción dunha praza pequena na contorna da Igrexa. As actuacións na Balsa serán principalmente a dotación de servizos xerais como o soterrado de cables e a mellora dos pavimentos, muros, pontes e elementos característicos que se atopan no Camiño de Santiago.

Dez meses é o prazo máximo de execución polo que o renovado de cara desta localidade estará lista antes de finalizar o próximo ano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15452814102173