A 17 edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, enche un ano máis as rúas do municipio

SarriaXa
A 17 edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, enche un ano máis as rúas do municipio durante o mes de agosto
maxia sarria portada
27 Jul 2022

O evento que se celebrará entre os días 18 e 21 de agosto, reunirá a 24 ilusionistas que levarán os seus espectáculos a distintos puntos da villa.

Unha nova edición deste festival onde tanto nenos como maiores poderán desfrutar coas actuacións de máis dunha ducia de magos e ilusionistas que se darán cita en Sarria dende o xoves 18 de agosto e ata o domingo 21.

Os espectáculos terán lugar en espacios como a Casa da Cultura ou a praza da Vila.

O programa do XVII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria comezará a súa andadura ás 16.15 horas cun espectáculo de maxia que terá lugar o xoves 18 na residencia de maiores e posteriormente no paseo do Malecón, ás 17.45 horas, haberá maxia infantil a cargo de 'Edu, el mago'. Este mesmo día, os actos rematarán ás 22.30 horas coa gala inaugural 'Sarria é maxia'.

Para o venres hai previstas varias actuacións e unha conferencia para magos, o sábado os eventos rematarán ás 01.00 horas da madrugada co 'Open Magic' e xa o domingo, dende ben cedo, terá lugar un espectáculo de maxia infantil ás 12.00 horas, a sesión vermú nas terrazas do Malecón, unha gala final e como colofón, ás 22.30 horas a gran gala final na praza da vila.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.083401203155518