A 2ª Fase do Campionato Provincial de Ximnasia de Sarria congregou arredor de 600 ximnastas

Sarria acolleu este fin de semana a 2ª Fase do Campionato Provincial de Ximnasia promovido pola Asociación Deportiva Aixa de Ximnasia Rítmica, na que se deron cita máis de 600 ximnastas da provincia.
Esta fase foi decisiva para determinar os equipos que conseguirían o pase ao Campionato Galego, que se celebrará en Ferrol o próximo 25 de maio.
Entre os equipos participantes, destacaron os resultados do Club Xirandela, que foron moi positivos, logrando 7 dos 8 conxuntos clasificar para o Campionato Galego. Concretamente, os conxuntos de Iniciación, Prebenxamín e Benjamín conseguiron a prata, mentres que o conxunto Alevín M e o Cadete conseguiron o ouro. Pola súa parte, o Alevín P quedou 4º d o Infantil non conseguiu clasificarse.
No resultado final provincial, o Club Xirandela destacou especialmente cunha gran mostra de esforzo e dedicación. Así, os conxuntos Iniciación, Benxamín e Alevín P quedaron Subcampións Provinciais; mentres que os Prebenxamín, Alevín M e Cadete foron Campións Provinciais. O Conxunto Senior quedou en 5º lugar.