A 5ª Festa do Peregrino de Triacastela celebrarase este sábado, 17 de agosto
O Concello de Triacastela celebra o sábado 17 de agosto a 5ª Festa do Peregrino, coincidindo coa festa do San Mamede.
Desta maneira, todo comezará ás 13.00 horas coa misa na capela de San Mamede e, á mesma hora, a visita da foodtruck 'Galicia sabe Amar' da Consellería de Pesca na Praza do Concello.
Pola súa parte, ás 14.00 horas terá lugar a sesión vermú, amenizada polo Grupo de música Dúo Tropical na Praza do Concello, á vez que comeza o xantar con todas as persoas que se acheguen a desfrutar del.
Xa ás 18.00 horas volverá haber misa, neste caso do peregrino, na Igrexa de Santiago e, a continuación, proxectarase o documental sobre Elías Valiña.
Seguindo coas actividades, ás 20.00 horas terá lugar o acto de presentación do Camiño xaponés 'Shikoku' na Praza do Concello e ás 20.15 horas será o concerto da Banda de Música da Comarca de Sarria.
Finalmente, ás 21.30 horas terá lugar a cea popular e ás 21.00 horas comezará a verbena amenizada polo Dúo Tropical e o Grupo Alba.