A A.C. Ergueitas organiza unha iniciativa poética en solidaridade con Palestina

SarriaXa
Esta actividade reunirá versos de poetas palestinas e galegas nun acto de denuncia e resistencia contra a barbarie xenocida que sofre Palestina
Casa-da-Cultura-Sarria
29 Jun 2025

O vindeiro luns 30 de xuño, ás 19:30 horas, a Casa da Cultura de Sarria acollerá unha iniciativa promovida pola A.C. Ergueitas que busca facer sentir a solidariedade coa poboación palestina a través da poesía.

Esta actividade reunirá versos de poetas palestinas e galegas nun acto de denuncia e resistencia contra a barbarie xenocida que sofre Palestina.

A través das palabras e da arte, as organizadoras queren crear un espazo de reflexión e compromiso, facendo da poesía unha ferramenta para visibilizar o sufrimento, reivindicar a dignidade e chamar á acción fronte á inxustiza.

⚙ Configurar cookies
0.14928102493286