A AC Taekwondo de Sarria logrou clasificarse para o Campionato Galego

SarriaXa
Desde o club destacan con orgullo que todo o equipo logrou clasificarse para a fase galega, demostrando así o gran traballo e dedicación dos seus deportistas
Ac-Taekwondo-Sarria-Campionato-provincial
14 Apr 2025

A AC Taekwondo de Sarria participou no Campionato Provincial Escolar de Combate, unha cita clasificatoria para o Campionato Galego que se celebrará o vindeiro mes de maio.

Desde o club destacan con orgullo que todo o equipo logrou clasificarse para a fase galega, demostrando así o gran traballo e dedicación dos seus deportistas.

O equipo estivo formado por Cleopatra Celeiro, Izan Rigueiro, Noel Préstamo, Alba González, Aarón González, Lucas Trebolle e Dani Pan, quen fixeron unha excelente competición.

Entre eles, destacou especialmente a actuación de Cleopatra Celeiro, que protagonizou un combate brillante e conseguiu a medalla de ouro, deixando claro o seu alto nivel sobre o tatami.

O club tamén quixo agradecer aos compañeiros e ás familias que se desprazaron para animar o equipo, creando un ambiente de apoio e compañeirismo que se fixo notar en cada combate.

⚙ Configurar cookies
0.13074803352356