A AC Taekwondo de Sarria suma 31 medallas na Copa Xunta celebrada en Nigrán

SarriaXa
O club participou con 49 deportistas e colleitou 11 ouros, 11 pratas e 11 bronces nun dos campionatos máis destacados da tempada
Copa-Xunta-AC-Taekwondo-Sarria--2025
15 Dec 2025

A AC Taekwondo de Sarria participou na Copa Xunta cun balance de 31 medallas, repartidas en 11 ouros, 11 pratas e 11 bronces, nun campionato disputado en Nigrán, en Vigo, considerado polo club como un dos máis especiais do ano. A expedición contou finalmente con 49 deportistas de todas as idades, desde os máis pequenos ata os máis veteranos, despois de producirse tres baixas de última hora.

Na categoría competitiva, Mateo Fernández proclamouse campión en categoría júnior, mentres que Brais Lombardero acadou a medalla de prata en cadete. No apartado de para taekwondo, Nicolás González subiu ao máis alto do podio cun ouro.

Pola súa banda, na categoría amateur lograron medalla de ouro Sara Ruiz, Ignacio Vizcaíno, Ginés Díaz, Arancha Riveiro, Marta Calván, Cristian Vivas, Martín Varela, Aarón González e Sergio Castro. As pratas na mesma categoría foron para Miguel López, Noa Choren, Carla Rodríguez, Daniel Rivas, Samuel Marón, Zulma Portugal, Uriel Gutiérrez, Firdaousse Amanchar e Fidel del Río. O medalleiro completouse cos bronces conseguidos por Iria Gasamans, Andrea Vázquez, Raquel Vilarín, Alejandra Stanisoara, Cataleya Celeiro, Alma de Sousa, Amaya García, Cleopatra Celeiro, Yerai López e Aylén Pumarega.

Ademais, tamén competiron e realizaron unha actuación moi destacada, aínda que nesta ocasión sen medalla, Izan Rigueiro, Mauro García, Pablo Ferreira, Anxo Teijeiro, Christopher Marcano, Martín Cedrón, Matías Gallent, Nicole Vilaginés, Cloe Gómez, Zulema Varela, Daniela Maside, Clara Argiz, Carolina Bergantiños, Daniel Luengo, Mario Fernández, Naiara Muñoz, Jaime Dacal e Claudia Fernández. As baixas de última hora corresponderon a Juan José López, Sara Raposo e Daniel Montes.

Desde o club salientan que estes resultados supoñen un motivo de orgullo colectivo, máis alá do número de medallas, destacando o traballo de todo o equipo, tanto de quen subiu ao podio como de quen segue acumulando experiencia, nun campionato que confirma o bo momento da AC Taekwondo de Sarria.

⚙ Configurar cookies
0.072833061218262