A AC Taekwondo logra un bronce no Open Cidade de Pontevedra de combate

A AC Taekwondo participou esta fin de semana no Open Cidade de Pontevedra de combate, unha nova cita puntuable do circuíto galego. A entidade desprazouse cun equipo formado por tres taekwondistas, que volveron cun balance positivo e unha medalla de bronce.
Pablo Ferreira subiu ao podio na categoría P5 infantil masculino ao conseguir o terceiro posto. O deportista rozou a final nun combate moi igualado, que se decidiu nos últimos segundos do terceiro asalto cun resultado de 2-1.
Na xornada dominical foi a quenda de Lucas Trebolle e Cleo Celeiro, que non obtiveron medalla nesta ocasión, aínda que as súas participacións serviron como experiencia e aprendizaxe para seguir medrando de cara ás próximas competicións.