A AC Taekwondo pecha o ano "da mellor maneira posible" no Open de Ourense

SarriaXa
Neste evento deportivo, o club conseguiu un total de 28 medallas, polo que o adestrador da Escola, Álex Losada, pon en valor os resultados do seu alumnado
Open-Ourense-AC-Taekwondo-Sarria
23 Dec 2024

A AC Taekwondo pechou o ano cunha nova xornada exitosa despois de participar no Open Cidade de Ourense organizado polo club Couto.

Neste evento deportivo, o club conseguiu un total de 28 medallas, polo que o adestrador da Escola, Álex Losada, pon en valor os resultados do seu alumnado, destacando a prata conseguida por Mateo Fernández.

Ademais, en amateur, Aylen Pumarega, Cristian Galo, Samuel Maron, Nicole Vilagines, Raquel Vilarin, Marta Calvan e Carla Rodríguez acadaron medallas de ouro; mentres que Juanjo López, Lucas Trebolle, Daniel Rivas, Aarón González, Iría Gasamans, Carla López, Fir Amanchar, Mateo Pontón e Uriel Gutiérrez conseguiron a medalla de prata e Sergio Castro, Daniela Maside, Naiara Muñoz, Inés Bergantiños, Olivia Gallent, Dani Pan, Matías Gallent, Laura Díaz, Martín Varela, Cleopatra Celeiro e Carolina Bergantiños lograron o bronce.

Ademais, competiron tamén Alejandra e Lucas Díaz, Sira vizcaíno, Hugo Rodríguez, Iker Sánchez, Mario Fernández, Arancha Riveiro, Clara Argiz, Ginés Díaz, Noel Préstamo, Alba González, Izan Rigueiro, Izan Arias, Mauro García, Christopher Marcano, Martín López, Claudia Fernández, Sara Raposo y Rosalía Santabaya e Alma de Sousa.

“Estes resultados permitíronnos lograr o primeiro posto en categoría Amateur, demostrando a gran progresión que está tendo o equipo e o moito que están evolucionando todos os deportistas”, sostén Losada. Así, "pechamos o ano da mellor maneira posible", concluye.

0.14959406852722