A AC Taekwondo Sarria consegue sete medallas no Campeonato Galego Promesas de Combate

SarriaXa
O equipo regresou cun excelente balance de sete medallas, acadando catro pratas e tres bronces, nunha competición que reuniu a novas promesas de toda Galicia
AC-Taekwondo-Sarria-en-Cangas
24 Mar 2025

A Escola de Taekwondo de Sarria participou esta fin de semana no Campionato Galego Promesas de Combate, celebrado na localidade de Cangas, nunha xornada que supuxo un importante paso para os deportistas do equipo de combate, que na súa maioría se estreaban nesta modalidade.

O equipo regresou cun excelente balance de sete medallas, acadando catro pratas e tres bronces, nunha competición que reuniu a novas promesas de toda Galicia.

Os bronces foron conseguidos por Alba González, Lucas Trebolle e Pablo Ferreira, mentres que as pratas foron para Fir Amanchar, Izan Rigueiro, Aarón González e Dani Pan, todos eles con actuacións destacadas que reflicten o esforzo e a dedicación do grupo.

Ademais, tamén formaron parte da expedición Cleo Celeiro, Juanjo López e Noel Préstamo, que, aínda que non conseguiron subir ao podio, realizaron unha gran competición, amosando unha notable progresión e espírito de superación.

Desde a Escola valoran moi positivamente esta primeira toma de contacto na modalidade de combate para practicamente todo o equipo, e destacan que isto só foi o comezo dun prometedor camiño nesta disciplina.

⚙ Configurar cookies
0.059363842010498