A AC Taekwondo Sarria conseguiu oito medallas no Open de Sada

SarriaXa
Para moitos dos integrantes do equipo, este torneo supuxo o salto desde as categorías 'amateur' a un novo nivel competitivo, con resultados moi positivos
Ac-Taekwondo-Sada
11 Mar 2025

A AC Taekwondo Sarria sumou unha destacada participación no Open de Sada, onde os seus deportistas deron un paso máis na súa traxectoria ao estrearse en competicións puntuables a nivel autonómico.

Para moitos dos integrantes do equipo, este torneo supuxo o salto desde as categorías amateur a un novo nivel competitivo, con resultados moi positivos.

O club sarriano acadou un total de oito medallas: dous ouros, dúas pratas e catro bronces. O ouro na categoría individual xuvenil foi para Mateo Fernández, mentres que no trío cadete masculino tamén se subiron ao máis alto do podio Samuel Marón, Aarón González e Brais Lombardero. Este último logrou ademais unha medalla de prata na súa participación individual na mesma categoría. A outra prata foi para o trío cadete formado por Matías Gallent, Daniel Pan e Lucas Trebolle.

Na categoría benxamín, o club sumou catro medallas de bronce: o trío feminino composto por Sara e Inés Fernández e Lara Álvarez; a parella benxamín formada por Martín Varela e Carla Rodríguez; o trío masculino con Christopher Marcano, Izan Arias e Martín Torrente; e a parella formada por Mateo Fernández e Alma de Sousa Moya.

Desde a AC Taekwondo Sarria valoran esta xornada como unha gran experiencia deportiva e de convivencia para o grupo, que continúa sumando aprendizaxes e motivación para seguir medrando en futuras competicións. “Seguimos collendo experiencia e aprendendo para o futuro”, sinalan desde o club.

⚙ Configurar cookies
0.16021180152893