A AC Taekwondo Sarria destaca no Open rankeable vila de Moaña cun podio por equipos

A AC Taekwondo Sarria destacou no Open rankeable Vila de Moaña 2026 cunha actuación sobresaliente que lle permitiu acadar un terceiro posto por equipos, consolidando así a súa progresión competitiva e sumando unha nova presenza no podio colectivo.
Durante a xornada do sábado, centrada na competición de combate, o club lucense conseguiu dous bronces na Liga B grazas ás actuacións de Aarón González e Lucas Trebolle, ambos na categoría júnior -63 quilos.
Xa na xornada do domingo, dedicada ao Poomsae, os resultados foron especialmente destacados, cunha ampla colección de medallas. Martín Varela proclamouse campión en benxamín individual masculino, mentres que Carla Rodríguez fixo o propio en benxamín individual feminino. Ambos tamén lograron o ouro en parella benxamín, e Varela sumou outro primeiro posto formando parte do trío benxamín xunto a Mauro García e Sergio Castro.
Tamén subiron ao máis alto do podio o trío alevín masculino composto por Mateo Pontón, Izan Rigueiro e Pablo Ferreira, así como Brais Lombardero en cadete infantil masculino, quen ademais conseguiu o ouro en parella xunto a Claudia Fernández.
Nos segundos postos, o club acadou dúas medallas de prata, entre elas a do trío benxamín masculino formado por Martín López, Lucas Díaz e Christopher Marcano, así como a de Mateo Fernández na categoría sénior 1.
A representación lucense completou o medalleiro con varios bronces: Sergio Castro en benxamín individual e en parella xunto a Daniela Maside, o trío infantil integrado por Hugo Sánchez, Daniel Rivas e Ginés Díaz, e o propio Hugo Sánchez en individual infantil.
Ademais, Mauro García, Aylen Pumarega e Christopher Marcano lograron situarse entre os oito mellores nas súas respectivas categorías individuais.
O equipo valorou moi positivamente o rendemento global, destacando o traballo continuo e a mellora progresiva dos seus integrantes. O AC Taekwondo Sarria xa prepara a súa próxima cita, que será a súa primeira gran saída por equipos, prevista para a vindeira semana en Castellón, onde participará no Open da Cerámica.