A AC Taekwondo Sarria destacou no campionato galego escolar e prepárase para o Open de España

SarriaXa
O club sarriao acadou varios podios en Redondela e contará con representación na selección galega en Valladolid
Ac-Taekwondo-Sarria-Campionato-escolar-peque
27 May 2025

O pasado sábado 24 de maio celebrouse en Redondela o Campionato Galego en idade escolar, onde a AC Taekwondo Sarria acadou unha destacada participación, sumando varias medallas e consolidando o seu bo momento deportivo.

O trío cadete masculino formado por Brais Lombardero, Samuel Marón e Aarón González proclamouse campión galego, mentres que o propio Brais Lombardero acadou tamén unha medalla de prata na categoría individual cadete masculina.

Pola súa banda, a parella cadete integrada por Aarón González e Cleopatra Celeiro subiu ao terceiro chanzo do podio, do mesmo xeito que o trío benxamín masculino composto por Sergio Castro, Mateo Pontón e Christopher Marcano.

Ademais destes logros, outros membros do club lograron chegar ás finais en categorías con alta participación, demostrando unha evolución constante e sumando experiencia de cara a vindeiras citas deportivas.

A próxima parada será esta fin de semana en Valladolid, onde se disputará o Open de España e a Escola de Sarria contará con tres representantes seleccionados pola Federación Galega: Brais Lombardero, Mateo Fernández e o adestrador do club, Álex, quen tamén competirá defendendo as cores da selección autonómica.

⚙ Configurar cookies
0.12318706512451