A AC Taekwondo Sarria estará no Campionato de España de 2026 en Sevilla

SarriaXa
O club competirá o 21 de febreiro coa selección galega nunha cita clave para optar ao Mundial de Corea do Sur
cartel-Campeonato-de-España-de-Taekwondo
6 Feb 2026

O AC Taekwondo Sarria participará o vindeiro 21 de febreiro no Campionato de España de Taekwondo, que se celebrará en Sevilla e que está considerado a competición máis relevante a nivel estatal desta modalidade. O club sarriao contará con representación en distintas categorías a través de varios deportistas que competirán integrados na selección galega.

Na categoría cadete, Brais Lombardero e Hugo Sánchez tomarán parte na proba de trío masculino, mentres que Lombardero tamén competirá na modalidade de parella. Pola súa banda, Mateo Fernández participará en júnior individual e tamén no trío júnior masculino. A representación completarase con Alex Camba, que competirá en sénior 1 individual e no trío 1 masculino.

Todos eles buscarán en Sevilla unha das prazas que dan acceso ao Campionato do Mundo, previsto para o mes de setembro en Corea do Sur. Ademais, a presenza do club nesta edición terá un simbolismo especial, xa que o seu adestrador, Alex Camba, é a imaxe principal do cartel oficial do campionato.

⚙ Configurar cookies
0.077337026596069