A AC Taekwondo Sarria será o escenario dun adestramento de alto nivel

SarriaXa
O 14 de xullo celebrarase unha sesión especializada de combate de alta competición coa presenza de campións internacionais
adestramento-AC-Taekwondo-Ivan-Garcia-e-David-Robleto
3 Jul 2025

O vindeiro 14 de xullo, as instalacións da AC Taekwondo Sarria acollerán un adestramento de alto nivel impartido por Iván García e David Robleto, orientado especialmente ao combate de competición de elite.

Iván García, campión de Europa de clubes, dúas veces subcampión europeo e subcampión do mundo, xunto con David Robleto, subcampión dos Xogos Panamericanos sub-21, medallista en tres ocasións nos Panamericanos e cinco veces participante en campionatos mundiais, liderarán esta sesión formativa.

O adestramento terá lugar pola mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas, e haberá a posibilidade de realizar adestramentos privados pola tarde, previa consulta. A actividade está aberta a todos os clubs interesados, aínda que as prazas son limitadas, polo que se recomenda contactar con antelación para reservar e consultar prezos.

⚙ Configurar cookies
0.15142297744751