A AC Taekwondo Sarria tivo unha destacada participación no Campionato Galego Escolar de Combate

A AC Taekwondo Sarria tivo unha destacada participación no Campionato Galego Escolar de Combate, onde varios dos seus novos talentos demostraron o seu nivel nunha competición de gran esixencia.
Entre os resultados máis sobresaíntes están os de Lucas Trebolle e Daniel Pan, que conseguiron a medalla de prata nas súas respectivas categorías, e Aaron González, que acadou o bronce.
Ademais dos medallistas, tamén representaron ao club Alba González, Izan Rigueiro, Noel Préstamo e Cleopatra Celeiro, todos eles sumando experiencia nun torneo que, segundo o corpo técnico, "serviu como un valioso aprendizaxe de cara ao futuro e aos próximos eventos".
A actividade para o AC Taekwondo Sarria continúa este sábado, cando varios dos seus deportistas competirán na modalidade de poomsae no Campionato Provincial Escolar, que se celebrará na localidade de Taboada.