A ACDE Buril organiza dous concertos esta fin de semana

SarriaXa
Esta noite, a partir das 22.30 horas, o Buril acollerá un dobre concerto de enerxía desbordante con Melasopla e Karma Txungo
Buril-ACDE
21 Mar 2025

Esta fin de semana, a ACDE Buril de Sarria ofrece unha programación musical de alta intensidade con dous concertos imperdibles.

O venres 21 de marzo, a partir das 22.30 horas, a noite comezará cun doble concerto de enerxía desbordante da man de Melasopla (Punk desde León), que traerá as súas potentes vibras de punk; e Karma Txungo (Punk desde Asturies), un grupo que tamén promete unha actuación explosiva.

O sábado 22 de marzo será o turno dun triplo concerto que subirá a temperatura na sala. A programación contará coa participación do O Sudor do Chimpin, unha banda tributo a Sudor do Tractorista, que fará revivir os mellores éxitos deste mítico grupo; Dresden, unha banda de hard rock con esencia dos anos 80-90; e Soundedge, unha banda de metal da Coruña, formada en 2019, que debutou en directo abrindo para Aquelarre. Con gran proxección no panorama do metal galego, Soundedge pechará a noite con toda a súa potencia.

⚙ Configurar cookies
0.24785423278809