A ACES - CCU de Sarria presentou a súa campaña '60 minutos 1.000 euros – 60x1.000'
O ACES - CCU de Sarria vén de presentar a campaña '60 minutos 1.000 euros – 60x1.000' na tenda Colorín Colorado.
"Fai máis unha década da primeira edición desta campaña, sendo unha das actuacións con mellor acollida polos clientes do CCU Sarria, debido ao premio tan apetecible que ten, mil euros, dedicados a gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos", explican.
Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila durante todo o mes de xullo, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria.
As compras nos vinte e nove comercios adheridos á campaña, farán que unha persoa sexa a gañadora de mil euros para gastar en sesenta minutos, de acordo coas bases da promoción.
Os comercios participantes son Atmósfera Sport, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carpe Diem, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Juguetería y Puericultura 1, 2, 3 Escondite Inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.